Case 70.000 euros para inventariar todos os bens e inmobles do Concello de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha empresa encargarase durante os próximos meses de facer un inventario de todos os bens inmobles e dereitos adquiridos do Concello de Pontevedra. Así o aprobou a Xunta de Goberno, que acordou contratar á firma Lagares Gansa para a execución da primeira fase deste proxecto. O valor do contrato é de 68.970 euros.
Segundo explicou o edil responsable da área de Patrimonio, Vicente García Legísima, estes traballos permitirán actualizar o catálogo de bens, edificios e parcelas propiedade do Concello e informatizalo, xa que ata agora só está dispoñible en papel.
Este novo sistema axudará a mellorar a xestión municipal, ao poder estar accesible toda esta información a través de calquera sistema informático e poderase consultar dunha forma "máis rápida e cómoda" por parte dos funcionarios.