Salvemos A Fracha achega á cidade as "cores e sabores" ameazadas polo paso da A-57
Por Redacción
A plataforma Salvemos A Fracha protagonizou este sábado unha maratoniana xornada nas rúas de Pontevedra, cunha mesa informativa instalada na Praza de Ourense de 11:00 a 20:00 horas.
O colectivo levou ao centro da cidade as súas reivindicacións cunha representación de "cores e sabores que dá o rural pontevedrés" e que aseguran, están ameazados pola construción da futura autovía A-57.
Acompañados dun pequeno campo de trigo e marmeladas de cabaza ou limón, os integrantes da plataforma aproveitaron para pedir firmas contra o proxecto, que defenden supón "un atentado contra o rural e o monte de Pontevedra e unha agresión ao modo de vida tradicional".
Os veciños das parroquias afectadas, Marcón e Tomeza en Pontevedra e Bértola e Figueirido en Vilaboa, entregaron á xente que se achegou ao posto un folleto no que explicaban as súas razóns para rexeitar un proxecto que segundo denuncian "supoñerá construír noiros de ata 60 metros de alto ao lado das propias vivendas".
Ademais Salvemos A Fracha incidiu no custo previsto para a construción do primeiro tramo de 6,2 quilómetros, de preto de 84 millóns de euros, en "unha infraestrutura que transcorre paralela á AP9", razoou o colectivo.
Relacionadas:
-
Convidan a 'tomar A Fracha' este domingo contra a autovía A-57
Por Redacción |
-
Os comuneiros de Marcón deciden en asemblea apoiar as reivindicacións de Salvemos a Fracha
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' levará á vía xudicial o proxecto da autovía A-57
Por Redacción |
-
Os Presupostos Xerais do Estado inclúen 25 millóns para a autovía A-57 en 2015
Por Diego Espiño |
-
Os colectivos que alegaron contra a A-57 lamentan que se teñan "ninguneado" as súas reclamacións
Por Redacción |
-
A cabalo para defender o monte da Fracha da A-57
Por Redacción & Diego Torrado |