Pontevedra pecha a campaña "As compras na túa vila teñen premio" sorteando 4.000 euros en premios
Por Redacción
A campaña "As compras na túa vila teñen premio" pechouse en Pontevedra este venres cunha serie de actividades e actuacións para nenos dende primeira hora da tarde no centro da cidade.
A iniciativa promovida pola Federación Galega de Comercio e as asociaciónes CCU Zona Monumental e Aempe repartiu ademais 4.000 euros en premios nun sorteo que puxo punto e final á xornada.
Entre o 15 e 26 de setembro comerciantes e consumidores participaron da campaña, que rexistrou 24.800 boletos na urna habilitada para o sorteo.
Os premios repartíronse en cinco tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros.