A propiedade asume as obras de consolidación do edificio en perigo, na praza de Marqués de Valterra
Por Mónica Patxot
Este venres, chegou a alerta por parte dos veciños de que tiña cedido o tellado dun edificio da praza de Marqués de Valterra, número 123, case no límite con Marín.
O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro e os técnicos en materia de Arquitectura e Enxeñería desprazaronse ao lugar para comprobar o alcance dos danos e os posibles riscos para a vía pública.
O edificio é pequeno, con baixo, un andar e esta pequena bufarda. Hai anos aloxou un establecemento de efectos navais. Está abandonado e presenta un estado ruinoso.
O inmoble tiña unha orde de execución, aprobada meses atrás para facer as obras de consolidación.
Os propietarios do edificio asumiron as obras de consolidación necesarias para evitar o perigo sobre a vía pública.
A rúa quedou tamén valada para protexer aos peóns de posibles incidentes ata que se acometan as obras necesarias.