O Goberno ofrece ao sector turístico pontevedrés unha web para promoverse
Por Redacción
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo impulsa a comercialización online do turismo de natureza na provincia de Pontevedra, a través do portal oficial de turismo de España, www.spain.info.
Os empresarios deste sector na provincia participaron este luns nunha xornada no Palacete das Mendoza (Sede de Turismo Rïas Baixas) destinada a axudar ao sector a crear, promover e comercializar novos e innovadores produtos turísticos, cun forte contido experiencial.
O obxectivo desta xornada foi preparar aos empresarios para a venda online dos seus produtos, así como animar o turista a descubrir, por exemplo, as Illas Cíes, do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Ruta do Románico, Vilaboa e Poio, cos seus petróglifos, e localidades como Sanxenxo, Cambados ou a Illa de Arousa.