A Xunta acometerá obras de fixación do noiro na senda de Baguin
Por Redacción
O servizo de conservación de estradas da Xunta de Galicia comezará a finais desta semana as obras para a fixación do noiro na zona máis rochosa da senda de Baguin despois de que a pasada semana se producisen algúns desprendementos.
Trátase dunha actuación adicional que quedou pendente de executarse para evitar a caida de pedras na zona de máis rocha existente na recta de Baguin, un tramo actualmente protexido por motivos de seguridade viaria cunha barreira de formigón.
Como organismo competente será a Xunta a encargada da súa colocación e limpeza da cuneta, e en consecuencia o concello colaborará para que a obra se realice á maior brevidade para que non se produza ningunha situación de perigo.
O goberno local de Marín mostrouse satisfeito polo resultado da obra que comunica de xeito seguro esta zona coa zona co casco urbano de Seixo.