A Deputación destina 300.000 euros para axudas a cooperativas agrarias
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na súa xunta de goberno, as bases que regularán as axudas ás cooperativas agrarias para a mellora dos servizos aos seus socios en calquera eido como instalacións, maquinaria, equipos técnicos, novas tecnoloxías, mobiliario, reparacións.... Con este fin, a institución provincial destiña 300.000 euros.
Ás axudas poderáse acoller calquera cooperativa agraria da provincia legalmente constituida.
Estas achegas súmanse ás convocadas xa no Boletín Oficial da Provincia este xoves, para a adquisición, reposición ou colocación de cubertas en invernadoiros da provincia.
En total, son 600.000 euros os que a Deputación destina ao sector agrario provincial para a mellora das súas instalacións, equipos e medios.
No caso das cooperativas agrarias, á hora de conceder as subvencións terase en conta o número de socios, o volume de facturación e a creación de postos de traballo, entre outros.