Un fallo de conexión deixa as farmacias sen despachar as receitas electrónicas durante unhas horas
Por Redacción
Un fallo de conexión a internet impediu ás farmacias pontevedresas despachar os medicamentos a través da receita electrónica.
O erro no sistema non alterou a dispensa de fármacos xa que se utilizaron os mecanismos de respaldo para garantir o servizo.
O incidente durou apenas dúas horas durante a mañá do xoves, dende as 10.30 ata as 12.00 horas, segundo explicaron varios farmacéuticos consultados por esta redacción.
A situación, atribuída a un fallo da empresa operador R, foi resolta a media mañá sen causar incidencias de gravidade.