Premios para os novos emprendedores
Por Redacción
A empresa de Marín O Percebeiro SL, gañou o premio Novo Empresario pola súa páxina web que achega ao cliente, nun prazo máximo de 24 horas, marisco fresco adquirido en lonxa.
O premio foi entregado na cea-gala da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra na que tamén se homenaxeu ao veterano armador marinense Manuel Nores.
No caso do Novo Emprendedor, o xurado se decantó pola firma Glass Concept, de Sanxenxo, que patentou e comercializa un vidro magnético proxectable e rotulable.
Ademais a AJE entregou dous accésits. O primeiro (emprego) entregouse a Yatecomeré SL, radicada en Ribadumia, que se adica á venda e distribución de pratos cociñados de comida tradicional galega, envasados ao baleiro e o segundo (innovación) a plataforma en on line de venda de vehículos e recambios, AreaCoches.
A Cea-gala, celebrada no Liceo Casino, contou con numerosas autoridades, entre elas a ministra de Fomento, Ana Pastor; o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o presidente da Deputación, Rafael Louzán ou os conselleiros en funcións, Alfonso Rueda (Presidencia), Javier Guerra (Industria) e Elena Muñoz (Facenda).