Santa María recupera a "Festa das 40 horas"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ff9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5410405a9a-000.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c35/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/54104aca82-unnamed.jpg)
© Parroquia de Santa María
A parroquia de Santa María presentou este mércores 10 as actividades que se van realizar con motivo do novo curso pastoral. Entre os días 11, 12 e 13 deste mes de setembro, a Parroquia vai celebrar, por segundo ano consecutivo, o Triduo de Exaltación de la Santa Cruz, que manterá aberta a Basílica de Santa María la Mayor, co Santo Sacramento exposto na custodia, para a súa adoración continuada durante máis de 40 horas seguidas.
A exposición do Santísimo iniciarase ás 11.30 horas do xoves 11 e manterase ata as 11.00 horas do sábado 13, só verase interrompida pola celebración das misas. Na Parroquia estase a organizar quendas de vela para evitar que en ningún momento quede o templo baleiro. Ademais, tanto a Eucaristía das 11.00 horas, coma as das 20.00 horas, estarán sucedidas, durante o xoves e o venres, por unha conversación sobre a Cruz. O xoves haberá rosario, como de costume, ás 19.30 horas, e o venres, á mesma hora, se desenvolverá o Vía Crucis. E, a maiores, ambos os dous días rezarase na Basílica o Cocote da Divina Misericordia, ás 15.00 horas.
O domingo 14 celebrarase a misa solemne ás 20.00 horas, seguida pola procesión coa Santa Cruz e a Virxe das Dores, durante o luns 15, que comezará no Campillo de Santa María ata a Praza Alonso de Fonseca.
Tamén se recupera a denominada "Festa das Corenta Horas", que consiste en adorar a Xesús Sacramentado durante as 40 horas, en conmemoración polo tempo que transcorre dende a morte no Monte Calvario ata a súa resurrección no sepulcro de Arimatea. En Pontevedra, esta festa iniciouse en 1649, grazas a que o contador Juan de Andueza deixou unha cuantiosa herdanza a favor da parroquia coa intención de que fose sepultado no Altar Maior de Santa María e se implantasen as corenta horas de adoración eucarística continuada. A Festa desenvólvese durante o comezo do curso pastoral.
Ademais, dende a parroquia estanse a levar a cabo as xestións necesarias para a compra dun talle da nosa Señora de Lourdes e, por ese motivo, estanse a recoller donativos coa idea de que o 11 de febreiro se venere a Virxe en conmemoración das súas aparicións á nena Bernardette Soubirous.
A partir do sábado 27 de setembro, mozos de entre 20 e 35 anos virán a Pontevedra para invitar outros mozos da súa idade a encontrarse con Cristo dentro da iniciativa "Unha luz na noite". Para este evento, o templo de Santa María permanecerá coas portas abertas ata ben entrada a madrugada para que os mozos poidan "ver e escoitar a Deus cara a cara", a través da adoración eucarística a Xesús Sacramentado.
En outubro iniciarase a segunda edición do Máster de Nova Evanxelización. Durante a anterior edición máis de 100 persoas asistiron aos relatorios.