O PP de Pontevedra comeza a elaboración do seu novo programa electoral
Por Redacción
Este luns, o Partido Popular de Pontevedra celebrou o seu Comité Executivo aprazado polo falecemento, o pasado mércores, de Isidro Lago, histórico militante desta formación.
No encontro, o partido local determinou as súas áreas de actuación e designou ós coordinadores responsables de cada unha delas, co obxetivo de traballar con maior intensidade de cara ós comicios municipais que se celebrarán o vindeiro ano.
Tanto o presidente do Partido Popular de Pontevedra, coma o resto de membros do Comité Executivo din ter claro que "isto é só un paso máis na ardua tarefa" que veñen desenrolando ó longo dos últimos meses e que se iniciou o pasado mes de xullo, coa celebración do congreso local do partido, no que Jacobo Moreira asumiu a presidencia.
A formación capitalina non colleu vacacións este verán e a súa actividade foi "incesante", sinalando coma exemplo a constitución de varias Xuntas Parroquiais ou a creación do Comité de Acción Política.
Tras o Comité Executivo, o partido abre unha nova fase de encontros con asociacións e colectivos sociais e veciñais da nosa cidade. "A participación cidadá para nos é fundamental, por iso escoitaremos todas as suxestións veciñais e estas terán o seu reflexo no noso programa para gobernar Pontevedra", indicou Jacobo Moreira.