Viva o viño, a dez euros!
Por Oskar Viéitez
Empezou case como un xogo, pero agora ven para consolidarse no seu terceiro ano.
Tralo éxito da pasada edición, tanto en participantes -preto de trescentos viños- como en repercusión, volve Ranking Independente dos 10 mellores Viños por menos de 10 euros.
Demostrando así que a relación calidade-preciar non sempre vai ligada e de paso fomentar a cultura do viño e achegala a todo tipo de público.
A iniciativa está orientada ao consumidor medio cun poder adquisitivo limitado ou que non está disposto a pagar un elevado importe por unha botella de viño.
Un xurado de expertos reuniranse o sábado no restaurante Room de Pontevedra para facer unha cata cega de viños de máis de 300 adegas nacionais e puntuar aos mellores. O requisito esixido aos participantes é que o prezo da botella non pase deses dez euros en tenda, impostos incluídos.
Os organizadores destacan que o éxito do pasado ano traduciuse nunha palanca excepcional para os viños que se colocaron no top ten, e moitos deles puidéronse ver liderando mercados que ata o momento tiñan vedados.
No panel de cata, entre outros, figuran: Fernando Filgueira (Mejor Sumiller de Galicia 2003) y Adrian Guerra (Los Anfitriones), Joan Gómez Pallarés (Blog De Vinis), Dominique Rojou de Boubee (Enólogo), Jorge Díez (Blog Gastroerrante y Ex Diletante), Nacho Jiménez (Alma Vinos ÿnicos y La Tintorería), Xoan Cannas (Nariz de Oro 2004), Jaime I. Jimenez (Con Mucha Gula, miembro de la UEC y de la Academia Gastronómica de Zamora), Eva Pizarro (Sumiller Restaurante Acio, Finalista Nariz deOro 2011), David Barco (Sumiller, Presidente de la Asociación Galega deSumilleres), Antonio López (Blog O Viticólogo dos Bagos), Rodrigo Méndez (Viticultor Forjas del Salnés), Xosé Lois Sebio (Enólogo, Viñerón, Director Técnico Coto de Gomariz), Manuel Gago (Blog Capítulo 0), José Luis Louzán (Blog La trastienda de J.L. Louzán), Miguel Anxo Besada (Distribuidor María Fechoría y Gerente Vinoteca A Curva), Eduardo Camiña (Sumiller Restaurante Casa Solla), Inma Pazos (Enóloga Responsable Comercial Ribeiros doAvia).