Mellora de firme e canalizacións en catro rúas da Caeira
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na súa xunta de goberno, a concesión de 121.893 euros ao Concello de Poio para mellorar o firme e o abastecemento de auga nas rúas Río Oitavén, Río Umia, Río Sil e Río Ulla, no lugar de A Caeira, na parroquia de San Salvador de Poio.
A lonxitude total do ámbito das obras é de 1.095 metros liniais e a superficie total (a superficie a asfaltar) de 5.403 metros cadrados.
Nos traballos previstos substituiranse canalizacións para o abastecemento de auga, pavimentarase e mellorarase o firme, procederase á restauración de beirarrúas e aplicarase un rego de adherencia e capa de aglomerado na zona de rodadura.
O prazo de execución dos traballos é de 2 meses e, segundo o proxecto, prevese contratar a 12 traballadores.