Tres feridos nun accidente de tráfico en Curro
Por Redacción
Segundo informou o 112, dúas mulleres e un home resultaron feridos nun accidente de tráfico rexistrado ás 12,03 horas na estrada de Curro, nas proximidades da estación de tren, no municipio de Barro.
Tratouse dunha colisión por alcance de dous coches.
Estas mesmas fontes apuntan que foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial para o traslado dos tres feridos ao Hospital Domínguez, un varón de 55 anos de idade e dúas mulleres de 66 e 55 anos.