Medio Ambiente emenda unha vertedura que afectaba ao río O Con en Vilagarcía
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente emendou unha vertedura de augas residuais industriais no río O Con, en Vilagarcía.
Segundo informa a administración autonómica, a vertedura en cuestión procedía dunha zona de lavado na parroquia de Rubiáns.
O persoal do Plan de Control de Verteduras inspeccionou a zona tras recibir un aviso do Servizo de Emerxencias 112 e detectou a vertedura na rede de pluviais con destino final o río O Con.
Unha vez identificado, Augas de Galicia informou os responsables da empresa para que emendase a deficiencia. A inspección realizada recentemente no lugar corroborou o selado da filtración que provocaba esta afectación ao río.