Máis de 5.000 persoas visitaron a Illa de Ons en xullo dende Bueu e Portonovo
Por Redacción
A cifra de tráfico de pasaxeiros que rexistraron as navieiras que operan rutas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas mantense estable con respecto ao pasado ano, polo menos no que respecta ao mes de xullo.
Segundo desvelou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, durante o pasado mes 4.843 persoas visitaron a Illa de Ons dende Bueu e outras 907 fixérono dende Portonovo.
No que respecta ás Cíes, 7.600 persoas viaxaron dende Baiona, 4.100 dende Cangas e case 3.000 dende Moaña, todos eles portos de titularidade autonómica, posto que non se inclúe, por exemplo, Vigo ao tratarse dun porto do Estado.
No relativo ao tránsito de embarcacións de recreo, a Ría de Pontevedra viu incremento un 7% o número de amarres en xullo, con 421 barcos repartidos polos portos autonómicos de Pedras Negras, Combarro, Portonovo e Sanxenxo.
Por esta orde, os visitantes de nacionalidade estranxeira procedían de Irlanda, Francia e Gran Bretaña, como lugares de orixe máis frecuentes.
Segundo Durán este incremento débese en parte ás accións promocionais que se están a desenvolver nos últimos anos en salóns náuticos como o da Rochelle ou de París.