Máis dun cento de persoas homenaxean o ex comisario Salgado
Por Redacción
Unhas 130 persoas sumáronse á homenaxe á que foi comisario xefe da Policía Nacional na provincia durante os últimos oito anos, José Manuel Salgado Rodríguez. Asistirán á comida que organizou na súa honra a Comisaría para este venres 30 de novembro.
Fontes policiais indicaron que entre os asistentes se encontran comisarios de distintas cidades de Galicia, representantes da Fiscalía e os xulgados, políticos, altos cargos da Garda Civil, a Policía Nacional (como o ex xefe superior de Galicia Luis García Mañá), a Escola Naval, o Ministerio de Defensa e a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
Tamén se espera a asistencia de representantes de entidades veciñais, empresariais ou de comerciantes de Pontevedra que se relacionaron con Salgado durante o período en que foi comisario xefe en Pontevedra, entre maio de 2004 e xullo de 2012.
A comida celebrarase ás 14.30 horas no hotel Galicia Palace. Servirá, ao mesmo tempo de homenaxe de despedida a José Manuel Salgado Rodríguez con motivo do seu nomeamento o pasado mes de xullo como Xefe Superior de Policía da Comunidade Valenciana.