Ata logo ao comisario que reduciu oito puntos a criminalidade en Pontevedra
Por Redacción
A Xefatura Superior de Policía de Valencia é a segunda en importancia de toda España e dende xullo recae sobre o ex comisario xefe de Policía de Pontevedra José Manuel Salgado. A pesar das responsabilidades do cargo e do gran salto profesional que supuxo na súa carreira, recoñece emocionado que bota de menos Pontevedra. Este venres quizais un pouco máis que calquera outro. Ao redor de 130 persoas de todos os sectores sociais de Pontevedra rendéronlle unha comida homenaxe que logrou arrancarlle a 'morriña'.
Policías, xuíces, fiscais, gardas civís, representantes veciñais, comerciantes, empresarios e políticos déronse cita no Hotel Galicia Palace. Obsequiárono con varios regalos, entre os que destaca unha reproduccion do santuario da Peregrina, pero, para el, o "mejor regalo" foi a cálida homenaxe e as palabras de presentación do comisario en funcións de Pontevedra, Antonio Rodríguez.
Rodriguez reproduciu os meritos profesionais do ex comisario pontevedrés con tal énfase que Salgado lle respondeu con sorna indicando que falara de "personajes de ficción que se ha inventado, que no era yo seguro". Pero o alocutor tamén deu datos incotestables para os asistentes: o homenajado ten o mérito de ter conseguido reducir o indice de criminalidade de Pontevedra oito puntos na súa estanza na Comisaría, entre 2004 e 2012.
Cando tomou a palabra o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, sorprendeu a todos cunha frase inicial de no sabia que tuvieses amigos", en alusión á cantidade de asistentes ao acto. Pola súa banda, Salgado indicou en petit comité que de Valencia queda co tempo, pero de Pontevedra cos seus amigos e coa gastronomía.
No seu discurso previo á comida, desculpouse por non se despedir de ningún dos presentes en xullo e xustificouno porque lle chamaron un luns pola mañá para ofrecerlle o posto e o xoves xa estaba a tomar posesión, non tivo tempo nin "a hacer la mudanza". Nun ton máis emotivo sinalou que de terse mudado a Levante "lo más duro es no poder ver a tu nieto todas las semanas".