Retiran 20 toneladas de lixo despois dunha fin de semana de peñas e festas
Por Natalia Puga
As rúas de Pontevera acumularon 20 toneladas de lixo durante a fin de semana grande das festas da Peregrina, no que conflúen o pregón de inicio dos festexos, dúas xornadas de feira taurina e peñas, concertos e as atraccións instaladas na Alameda e Montero Ríos.
Segundo os datos facilitados pola concelleira de Festas, Carme da Silva, o operativo especial de limpeza posto en marcha pola empresa concesaria do servizo (Cespa) permitiu recoller 15 toneladas de lixo durante a tarde do sábado e a madrugada do domingo e cinco toneladas durante a xornada do domingo e a madrugada do luns. Durante a mesma fin de semana das festas 2013 se acumularan 18 toneladas de residuos.
Carme da Silva valorou que a fin de semana transcurrión sen incidentes, senón que "o que prevelaceu foi a festa" e tan só se rexistrou un único suceso de relevancia que non se pode asociar directamente coas festas, unha agresión sobre as 4.00 horas da madrugada no casco histórico.
As peñas que non acoden á Praza de Touros e viven a festa polas rúas da cidade adoitan deixar un balance de abundantes asistencias sanitarias tanto por unha inxestión abusiva de alcohol coma por pequenos cortes e feridas. Durante esta fin de semana, foron atendidos no Hospital Montecelo de Pontevedra 12 mozos por intoxicación etílica, oito o sábado (a metade menores) e catro o domingo (tres menores), segundo fontes do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
No Punto de Atención Continuada (PAC) da Parda houbo especial movemento na noite do sábado e a madrugada do domingo, ao igual que en Montecelo. Neste caso, entre a media noite e as 8.00 horas da madrugada, rexistráronse unha media de tres pacientes cada hora, segundo fontes do Servizo Galego de Saúde.