As outras peñas enchen as prazas do casco histórico
Por Redacción
Coincidindo co terceiro día da Feira da Peregrina, centos de mozos gozaron de xeito paralelo co segundo sábado de 'peñas'.
As prazas do centrou histórico recibiron dende primeira hora da tarde a numerosos grupos vestidos cos seus particulares e en moitos casos orixinais camisetas e armados con pistolas de auga e diversos dispositivos cos que encher de viño ou auga os seus veciños de celebración.
Zonas como Santa María, Praza do Teucro ou Mugartegui se converteron nun engadido do 'botellódromo' ata altas horas da madrugada.
As 'peñas' péchanse este domingo co cuarto e último día de festexos.