Dous menores resultan feridos en senllos atropelos en Praceres e Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os Praceres e Marín foron escenario este xoves de dous atropelos nos que dous menores resultaron feridos.
O primeiro deles produciuse na praza dos Praceres arredor das 13:00 horas. Segundo informa o Centro de Atención de Eemerxencias 112 os servizos sanitarios desprazaron unha ambulancia ao lugar. Ademais deuse aviso á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Pontevedra.
Poucos minutos despois, ás 13:05 horas, un particular alertaba o 112 doutro atropelo, esta vez na Praza do Saco, en Marín, no que resultou ferido outro menor de idade. Avisouse a efectivos de Urxencias Médicas, Policía Local e Protección Civil.