Sanxenxo inspecciona o espazo ocupado polas terrazas dos locais de hostalaría
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo procede estes días a inspeccionar as terrazas instaladas polos diferentes locais de hostalaría do municipio co obxectivo de comprobar que ocupen estritamente o espazo que teñen autorizado.
Esta actuación prodúcese tras detectar os axentes que nalgúns casos as cadeiras e mesas de bares e restaurantes ocupan zonas máis amplas das permitidas.
Ademais o control de establecementos busca a retirada de pizarras e elementos publicitarios que locais e comercios colocan nas beirarrúas dificultando o paso dos peóns.
Dende o goberno local defenden que "esta práctica resulta incompatible co paseo dos peóns tendo en conta a elevada afluencia de visitantes rexistrada neste intre".