Unha moza resulta ferida nun accidente entre un coche e unha moto en Samieira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha moza de 21 anos ingresou este venres no Hospital Domínguez de Pontevedra para recibir asistencia polas feridas sufridas nun accidente rexistrado en Samieira, en Poio.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 tivo constancia ás 13.07 horas da colisión entre un coche e unha moto na estrada de Samieira, á altura do cruzamento que se desvía cara a Armenteira.
A consencuencia do sinistro, Urxencias Médicas de Galicia trasladou ao Domínguez a unha moza de 21 anos que responde ás iniciais D.V.C. Ademais, trasladáronse ao lugar efectivos da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Poio.