Disfrutando de Ponte Caldelas dende unha piragua
Por Redacción
Un total de 130 persoas gozan entre xoves e venres dunhas xornadas de paseo gratuítas en piragua polo río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas.
O Concello organiza a actividade en colaboración do Club Piragüismo Vilaboa como alternativa lúdico-deportiva en pleno período estival.
A intención é que os participantes, de diferentes idades e que desbordaron as previsións iniciais de demanda de prazas, poidan gozar dunha xornada de convivencia no ámbito do río mentres se inician nun novo deporte.