Moreira esixe unha reacción do Concello ante as "escalofriantes" cifras de desemprego
Por Redacción
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, volveu alertar hoxe das "escalofriantes" cifras de desemprego que mostra a cidade de Pontevedra, "donde ni de lejos se notan síntomas de recuperación como sí ocurre en el conjunto de España".
Moreira compareceu en rolda de prensa acompañado do membro do comité executivo local José Luis Martín González, para valorar os datos da última Enquisa de Poboación Activa que reflectiron que Pontevedra é a cidade galega na que máis aumenta o paro en termos porcentuais. Concretamente, o desemprego creceu 3,3 puntos dende xaneiro ata o actual 24,2%.
Este aumento, que é o máis acusado de todas as cidades galegas, situando a Pontevedra á cabeza deste negativo listado, só superada por Ferrol e o seu 29,6% desta taxa que mide a porcentaxe de parados sobre o total de activos.
O xefe da oposición municipal esixiu novamente unha "reacción inmediata" do Concello, recordando que de cada cen euros que inverte a Administración municipal, tan só 24 céntimos se destinan á partida de xeración de emprego.
Neste sentido o voceiro do PP insistiu en reclamar a inclusión nos presupostos municipais dunha partida dun millón de euros para loitar contra "el problema más grave que tenemos".
Fronte a isto Moreira lamentou que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, se siga dedicando "a lo suyo, las aceras, multas, fiestas, insumisiones, discursos hipócritas sobre los males del capitalismo mundial y sobre el sistema 'cruel y corrupto' en el que él y el BNG viven muy bien". Segundo Jacobo Moreira dende Fernández Lores asumiu o bastón da alcaldía en 1999, o desemprego aumentou o triplo.
Finalmente reprochou ao rexedor capitalino que tivese pasado case dous anos sen reunir o Consello Económico e Social e que finalmente o fixo "únicamente porque se sintió avergonzado de no hacer nada".
Relacionadas:
-
Moreira culpa a Lores de que Pontevedra sexa "a cidade galega con máis taxa de paro"
Por Redacción |
-
A taxa de paro ascende ao 24,33% na provincia de Pontevedra
Por Redacción |
-
Moreira invita a Lores a que "tome exemplo de Núñez Feijóo" e traballe polo emprego
Por Redacción |
-
Moreira: "xa non sei como pedirlle a Lores que faga algo para frear o paro"
Por Redacción |