A CIG gaña as eleccións sindicais en Treves
Por Redacción
Este sete de xullo celebráronse eleccións sindicais na empresa Treves Galicia. A empresa ten un equipo de 150 traballadores que elixen un comité de empresa de nove membros, distribuídos en dous colexios. O de especialistas con 127 traballadores que elixen 8 delegados e o de técnicos e administrativos con 23 traballadores elixen un.
Presentáronse tres candidaturas no colexio de especialistas e 1 no de técnicos e administrativos. Os resultados foron:
- Colexio de especialistas:
- A CIG obtivo 84 votos e 6 delegados no comité
- Independentes, 23 votos e 1 delegado
- UGT, 13 votos e 1 delegado
- Colexio de Técnicos:
- Comisións Obreiras obtivo 15 votos e 1 delegado
Con respecto ao comité anterior a central nacionalista CIG pasa de 5 membros a 6, mentres que UGT pasa de 3 pasa a 1 e entran no comité, cada un cun representante: Independentes e Comisións Obreiras.
Para a CIG a valoración é positiva xa que supón un "respaldo" ao seu traballo sindical, e sinalaron outros "retos importantes que quedan por asumir" como son a negociación do convenio de empresa e das directrices de Citroën de reducir custos nas auxiliares.