Buscan unha octoxenaria desaparecida en Vilanova de Arousa
Por Redacción
Efectivos da Garda Civil e de Protección Civil de Vilanova de Arousa e de Cambados intentan localizar unha muller de 87 anos, veciña de Vilanova, que desapareceu durante a xornada deste luns 7 de xullo. A denuncia efectuouse pasadas as 23.00 horas e iniciouse unha inspección pola zona próxima á súa vivenda. A última vez que a viron foi durante a tarde, entre as 18.00 e as 20.00 horas nas proximidades de Monte Lobeira.
Durante este martes, os efectivos continúan buscando a anciá por zonas nas que, hai anos, facía percorridos acompañando o gando a zonas de pasto, principalmente na parroquia de András, ao igual que en Tremoedo e Oubiña.
Segundo fontes de Protección Civil, a desaparecida, Ángela Borrageiros Serantes, coñecida como "Angelita", sofre a enfermidade de Parkinson. Cando saíu do seu domicilio vestía un pantalón negro e unha sudadeira branca sen carapucha. ÿ loira e de estatura media.
Relacionadas:
-
Localizan en Cambados a octoxenaria de Vilanova que levaba catro días desaparecida
Por Redacción | Creada e actualizada