Augas de Galicia substituirá parte do colector xeral de Marín
Por Redacción
Este luns tivo lugar para os voceiros dos grupos municipais a presentación técnica a cargo do organismo Augas de Galicia a través do seu responsable na provincia Francisco Alonso e do técnico da empresa IDOM que foi a encargada de elaborar o estudo inicial e o proxecto construtivo que se levará a cabo.
Estaban así mesmo presentes a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a responsable da área a concelleira de medio ambiente, Marián Sanmartín.
Como froito do estudo da rede de Marín formuláronse unha batería de medidas para resolver o problema do saneamento, á vista dos cales Augas de Galicia toma a decisión de acometer en primeiro lugar o groso das actuacións na conca do bombeo da lonxa.
Nas obras proxectadas substitúese o colector xeral de Marín que discorre paralelamente á avenida de Ourense por dentro e por fóra do recinto portuario nunha lonxitude de case un quilómetro, 988 metros, iniciándose na intersección coa rúa da Estrada, en fronte ao concello, ata a altura do inicio da praza Marqués de Valterra.
O novo colector consta de dous tramos, un de 800 milímetros de diámetro e o resto de 1.200 milímetros.
Levaranse a cabo pozos de rexistro, coa incorporación dos diferentes colectores da rede de saneamento municipal existente.
O groso da obra está na execución dun novo bombeo que substitúe o actual da lonxa cun depósito de retención de 2.000 metros cadrados para enviar un caudal máximo de 200 l/s á EDAR de Placeres.
O alivio produciríase cara ao depósito, que tería unha capacidade moito menor da que tería o tanque de tormentas inicialmente previsto, cunha cámara cunha comporta que evita a entrada de marea en situacións de preamar.
A súa situación á vista sería unha caseta de madeira, pegada ao enreixado do Porto dentro da zona de servizo, de dimensións de 4 por 5 metros, que será por esixencias acorde co ámbito.
As obras contan cun Presuposto de execución do Proxecto de 2.841.883,85 euros
O colector xeral actual que nalgunhas das zonas discorrería pola parte interior do Porto, quedaría algúns tramos en uso, onde sexa posible, para uso exclusivo das augas residuais do Porto, evitándose así que as conexións de todas as acometidas das naves ao interceptor e as afeccións para o normal desenvolvemento das actividades portuarias.
As obras de xeito resumido concéntranse na construción dun colector-interceptor principal, un novo bombeo con depósito de retención, o colector de conexión ao porto, un colector de alivio e a impulsión cunha condución de máis capacidade cara á EDAR de Placeres.
As obras contan cun presuposto de execución do proxecto de 2.841.883,85 euros obra que é asumida pola Xunta de Galicia ao 100% polo organismo autónomo Aguas de Galicia, que se cofinancia con Fondos FEDER.
Xerará máis capacidade e evitará as filtracións que se producen ao porto
ÿ unha obra incluída no actual convenio de saneamento, e realizaranse os trámites administrativos de aprobación do proxecto, exposición pública e posterior remisión a este organismo que será o encargado da súa licitación, adxudicación e posterior execución.
ÿ unha obra de infraestrutura hidráulica destinada ao saneamento do municipio marinense, pero que redundará en mellorar que o colector actual entre en carga e rebordeo, que xerará máis capacidade e evitará as filtracións que se producen ao porto e á ría do actual por encontrarse nun mal estado, é unha obra importante que se vai acometer ao longo do próximo ano 2015, podendo tramitarse ao longo deste ano 2014 para axilizar os trámites necesarios e as autorizacións administrativas.