Desconvocada a folga na factoría de ENCE en Lourizán
Por Redacción
Os traballadores do Grupo Ence desconvocaron a folga iniciada o pasado sábado e que mantiña paralizada a produción na planta de Lourizán.
Fontes do comité de empresa sinalaron que os centros de traballo de Pontevedra, Madrid e Huelva acordaron suspender a protesta tras chegar a un consenso en torno ao acordo marco a partir do que agora se negociará o convenio de cada unha das factorías, con tres anos de vixencia.
Só a planta de Navia, en Asturias, quedaría polo momento á marxe deste acordo, pero iso non afecta aos máis de 300 traballadores da planta pontevedresa.
O punto de encontro entre a empresa e os traballadores céntrase no concepto salarial, no que se fixou unha conxelación para o presente ano e subas en relación ao IPC de cara a 2015 e 2016.