José Luis Rodríguez responde ás críticas do líder do BNG: "só se ducha e muda con motivo das festas patronais"
Por Redacción
O concelleiro de Medio de Sanxenxo, José Luis Rodríguez, respondeu de forma contundente ás críticas realizadas polo BNG nos últimos días sobre a falta de limpeza da maleza de varias zonas da zona urbana e recriminoulle ao voceiro nacionalista, David Otero, que "a súa política se basee só no non e na crítica".
"Me parece que vostede non para por alí", recriminoulle en relación coa maleza denunciada en Vilalonga e, en canto ás críticas realizadas, levounas ao plano persoal e cuestionou que o voceiro nacionalista "só se ducha e muda con motivo das festas patronais".
José Luis Rodríguez insiste en que o Concello limpa o municipio durante todo o ano, "non só cando hai festas", aínda que recoñeceu que se realiza unha limpeza puntual a maiores cando o demandan as comisións organizadoras de distintos eventos.
Sobre a parroquia de Vilalonga, insiste en que "está impecable" e nos últimos días o persoal da empresa concesionaria, Ascan, fregou os colectores e papleras e está previsto un novo lavado das beirarrúas de cara ao venres. "Polo que estea tranquilo, señor Otero porque San Pedro, o santo ao que vostede debe venerar, terá a súa parroquia limpa, coma sempre", apostilou.