A parroquia de Corredoira celebra a Festa do Requeixo
Por Redacción
A parroquia de Corredoira celebra esta fin de semana a Festa do Requeixo unha tradición que ven do ano 1980, facéndoa coincidir coas festas que lle adican a San Antón e a Santa Bárbara.
Dende sempre había a tradición de facelo queixo e, dado que abundaban festas gastronómicas por toda a xeografía galega, un grupo de amigos da parroquia formaron una comisión pensando que sería unha boa idea homenaxear o seu producto, ó mesmo tempo que lle serviría para subvencionar as festas que xa viñan facendo.
Os motivos de tal celebración non eran outros que promocionar o requeixo da zona, con moita sona nos arredores e ó mesmo tempo revitalizar as devanditas festas, que suelen celebrarse a terceira fin de semana do mes de xuño.
O día grande do requeixo é o venres desa fin de semana festiva e que se pode degustar no mesmo Campo da Festa, ou tamén mercar por módicos prezos. A cantidade do producto non é moita, polo que convén estar dende as primeiras horas do serán para poder saborealo, sen risco de quedar sen a proba, pois axiña se esgotan. Logo da degustación, haberá verbena rachada ata altas horas da madrugada.
O requeixo da Corredoira, que é como se coñece, na realidade é requeixo que preparan de xeito artesanal os propios veciños. Pola dificultade que conleva facer o exquisito requeixo, a cantidade de leite que se necesita, as súas cualidades de frescura e o non ser moitos veciños, o número de requeixos é limitado.
Para facer un requeixo dun kilogramo, bótanlle o callo a sete ou oito litros de leite, e logo de estar entre 24 e 36 horas a callar, póñeno na forma (recipiente cilíndrico de 12 cm de diámetro e 35 cm de altura e con buratos), por onde vai soltando o soro. Téñeno así durante dous días, e cando está o suficientemente sólido sácano para comelo en fresco con azucre ou con mel, aínda que hai quen lle bota viño ou coñac.
A organización destaca que o recinto estará cuberto por unha gran carpa
Este ano a festa iniciarase o venres 20 de xuño á noitiña coa venda de churrasco, polbo e requeixo, todo animado por música tradicional galega; e a partires da medianoite gran verbena a cargo das orquestras Palladium e Mosaico.
O día seguinte, sábado 21 de xuño, durante o día terán lugar os actos relixiosos seguidos dun concerto da banda de gaitas e a noite gran verbena coas orquestras Televisión e Ddiseño.
Destacar que o recinto estará cuberto por unha gran carpa.