Repartindo saúde por toda a Ría de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Pontevedra xa pode presumir dunha nova certificación de calidade. Concretamente para o servizo de abastecemento de auga. A empresa TÿV Rheinland fixo entrega ao alcalde de Pontevedra este diploma, a ISO 22.000 de seguridade alimentaria, que recoñece a efectividade dos controis de calidade que se realizan durante todo o proceso da auga. ÿ a terceira certificación que consegue por este servizo.
O representante da firma alemá, Javier Mediavilla, destacou que se trata dun recoñecemento "a la inocuidad de la cadena del ciclo urbano del agua". Recorda que para levar a cabo "un acto tan sencillo como abrir un grifo y que salga agua en condiciones", pásase por moitos procesos de control, algo no que Pontevedra, explicou, fai un labor exemplar.
Neste sentido, Miguel Fernández Lores agradeceu o labor da empresa concesionaria do servizo, Aquagest, "porque aínda que somos moi esixentes con eles, sempre cumpren". O alcalde indicou que esta certificación de calidade "é un valor engadido para as Rías Baixas", ao recordar que os municipios da Ría de Pontevedra reciben a subministración de auga desde a capital da provincia.
Lores apuntou ademais que, ao ter a auga este alto nivel de calidade, repercute tamén en todas aquelas actividades económicas que teñan relación ou fagan uso dela na súa cadea de produción, "ofrecendo un camiño andado moi importante".