A praza da Ferrería acollerá o desfile central da segunda edición de PONMO
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6c9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53a0274d89-img_8700.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
A segunda edición da pasrela Pontevedra Moda (PONMO) apostará por sacar os desfiles á rúa.
Así o recoñeceu na presentación do evento, que se desenvolverá os días 26 e 27 de setembro, a concelleira de Promoción Económica Carlota Román, quen defendeu "escapar de la forma tradicional de las pasarelas de moda".
Desta forma PONMO arrancará o venres 26 co certame de novos deseñadores "con una parte en el Casino y otras cosas en la calle".
Un día despois, o sábado 27 de setembro, será a quenda para o desfile central, con deseñadores contrastados, e que terá como lugar de celebración se o tempo o permite "el entorno de A Ferrería", segundo revelou a concelleira.
O que aínda non se coñece é a nómina de deseñadores que acudirá á cita, que si conta xa coa confirmación da deseñadora italiana afincada en Madrid Sonia Giordani.
A programación de PONMO completarase con diversas actividades relacionadas coa moda e unha campaña de promoción que será elaborada polo fotógrafo pontevedrés Marcos Suárez.