As obras de asfaltado pechan ao tráfico un carril en Eduardo Pondal
Por Redacción
O martes 17 de xuño a partir das 9.30 horas, procederase ao asfaltado dun tramo da rúa Eduardo Pondal. Concretamente no treito comprendido dende a confluencia da avenida Eduardo Pondal coa rúa Germán Adrio ata a rotonda do Gorgullón.
Isto traerá consigo restricións circulatorias.
Segundo informa a Policía Local permitirase o sentido circulatorio dende a Estación cara o centro da cidade e a Praza de Galicia, e desviarase o sentido contrario cara a Fernández Ladreda Estación.
Colocarase sinalización informativa recomendando os desvíos oportunos.
O plan de tráfico previsto sinala que:
- Garantizase un carril de circulación dende Estación cara centro cidade (acceso libre a Uxío Novoneira; Praza Galicía e Rúa Gorgullón).
- A rúa Xermán Adrio péchase ao tráfico, agás residentes e servizos
- O tráfico procedente de Praza Galicia Augusto García Sánchez será desviado cara a Fernandez Ladreda por Alcalde Hevia.
UXIO NOVONEIRA
O mércores 18 de xuño a partir das 15 horas péchase á circulación de vehículos a rúa Uxío Novoneira. O propio mércores, a última hora da tarde quedará de novo aberta ao tráfico.
Para garantir a mobilidade con vehículo a Policía Local procederá a mudar o sentido circulatorio da rúa paralela Filgueira Valverde, e un tramo da rúa Joaquín Costa. Colocaranse paneis informativos para informar e guiar os condutores. Facilitarase a mobilidade dos vehículos de transporte público co cambio provisional da parada de autobús da rúa Cobian Arenal á rúa Eduardo Pondal.
Para garantir a seguridade nos tramos onde muda o sentido da circulación retirarase o estacionamento a partir das 14.30 horas.