Impoñen un afastamento de cinco anos ao home que entrou na casa da súa exparella
Por Redacción
A Audiencia de Pontevedra impuxo unha pena prisión de doce meses e a non achegarse á súa exparella e ao seu domicilio, lugar de traballo ou calquera outro en que se encontre a unha distancia inferior aos 300 metros" por un período de cinco anos ao veciño de Pontevedra, R. R. C., que un xurado popular declarou culpable dun delito de violación de morada.
A sentenza, comunicada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, declara que o home é autor dun delito de violación de morada por entrar no domicilio da súa exmuller cando xa se separaran e ela se encontraba en cama coa súa nova parella. Para entrar na vivenda utilizou unha copia das chaves da casa que estaban en poder dun dos fillos que a parella ten en común e sen consentimento da muller.
Curiosamente ao tempo que se facía pública esta condena o home estaba a ser xulgado por un novo quebrantamento de condena acontecido o pasado xoves ao non respetar a orde de afastamento do domicilia da súa exmuller. O xulgado volveu a condenar este home.
Relacionadas:
-
O TSXG confirma a condena a un home que se coou na casa da súa ex cando estaba co seu novo mozo
Por Natalia Puga |
-
Culpable de violación de morada un pontevedrés por entrar na casa da súa ex cando estaba co seu novo noivo
Por Natalia Puga |
-
Xulgan un 'voyeur' pontevedrés sorprendido no armario da súa ex parella
Por Natalia Puga |