Dúas ofertas do desdobramento da Avenida de Vigo son "anormalmente baixas", segundo os técnicos
Por Redacción
A adxudicación do desdobramento da Avenida de Vigo aprázase ata a próxima semana. Malia que inicialmente íase a coñecer este venres o nome da empresa que executará este novo vial, a mesa de contratación decidiu, cumprindo coa lexislación vixente, dar un prazo de tres días a dúas das empresas que pasaron o primeiro corte para que expliquen a súa oferta de forma detallada.
Crese que incorren no que se denomina baixa temeraria. ÿ dicir, ofertar un prezo por baixo do custo de licitación sabendo que probablemente non poderá cumprir co pactad, podendo custar máis do que aseguran inicialmente. En concreto, Raimundo González sinala ás ofertas presentadas por Ferrovial e Vías e construcciones SA, que deberán xustificar as súas cifras que, segundo os técnicos municipais, son anormalmente baixas.
Ambas empresas son as únicas que ofertaron todas as melloras suxeridas polo Concello de Pontevedra nesta licitación, incluída a reforma íntegra da vella Avenida de Vigo ata a rotonda do Marco. Fixérono ofertando prácticamente o mesmo prezo que o resto de empresas que optan a este contrato, malia asumir maior carga de traballo.
Unha vez estas empresas envíen a documentación requirida, para o que teñen tres días hábiles, volverase a reunir a mesa de contratación para adxudicar a obra definitivamente. En dita mesa participa Intervención, a asesoría xurídica, o responsable de contratación, os técnicos municipais, Raimundo González como concelleiro de Facenda e un membro do Partido Popular
Relacionadas:
-
Ratifican a adxudicación a Covsa e EC Casas das obras de desdobramento da Avenida de Vigo
Por Alejandro Espiño |
-
Covsa-EC Casas desdobrarán a avenida de Vigo por 4,1 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
COVSA, Eiriña, Ferrovial e Dragados, 'favoritas' para executar o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Alejandro Espiño |
-
As ofertas para o desdobramento da avenida de Vigo péchanse en 17
Por Redacción |