Desartellan un punto negro de venda de droga no que compraban menores
Por Redacción
A Policía Nacional detivo esta semana a cinco persoas e logrou desarticular un punto negro de venda de droga dende o que se surtía de substancia estupefaciente a mozos de toda a cidade, algún deles menor de idade.
Un dos detidos é menor de idade e todos eles, acusados de vender haxíx e cocaína ao miudo entre distintos mozos da cidade, foron postos en liberdade tras prestar declaración en sede policial.
As detencións executáronse entre o 10 e o 11 de xuño grazas á información facilitada pola Policía Local. Os axentes municipais imputaran no mes de abril a un mozo por dedicarse ao tráfico de haxíx a pequena escala distintos consumidores, entre os que se encontraban algúns menores de idade.
A raíz dese 'aviso' da Policía Local, os investigadores do Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Comisaría Provincial realizaron pescudas que desembocaron coa identificación de varios dos supostos subministradores da persoa imputada en abril. Un deles, xa fora obxecto de investigacións policiais anteriores.
Os axentes intensificaron as vixilancias e seguimentos sobre a devandita persoa para tratar de achegar os maiores indicios posibles, pero os labores resultaron especialmente dificultosos dados os horarios extravagantes que mostraba ou os cambios de domicilio que realizaba. Finalmente, conseguiuse situar a súa residencia nun piso compartido na rúa Palamios, tras abandonar outro. Este martes 10 de xuño foi detido o principal investigado. Levaba enriba 290 euros, descoñecéndose a súa procedencia dado que non realiza actividade laboral ningunha.
A continuación, realizouse un rexistro no seu domicilio no que se interviñeron 12 gramos de cocaína preparados en distintas 'papelinas' para a súa venda ao amiudar, 190 gramos de haxíx, tres plantas de marihuana e básculas de precisión. Tras este arresto, producíronse as outro catro detencións.