Arranca unha nova edición do Banco de libros de texto
Por Oskar Viéitez
Arranca a terceira edición do Banco de libros de texto do Concello de Pontevedra, e para repetir os éxitos anteriores, dende a Concellería de Benestar Social pediron a implicación de toda a comunidade educativa.
Esta iniciativa pretende ser algo máis que un instrumento de aforro e para iso queren sensibilizar ao alumnado, as súas familias e ao profesorado para que o aproveitamento de recursos valiosos, como son os libros, sexa una actitude vital.
A entrega dos libros nos centros educativos será dende o 23 e 27 de xuño
Neste programa poden participar todas as familias con fillos dende 3º de primaria e ata 2º de bacharelato.
Os libros poden entregalos, como en anos anteriores, tanto no centro educativo coma na Casazul. Dende a concellaría pregan que non se recollan libros que non sexan válidos para o curso 2014-2015.
A entrega dos libros nos centros educativos será dende o 23 e 27 de xuño de 2014 e persoal do concello irá a recollelos aos centros entre o 30 de xuño e o 4 de xullo.
Na pasada edición o banco de libros entregou 3.224 manuais (1.698 de Secundaria e 1.526 de Primaria), cun valor de mercado aproximado duns 100.000 euros.