Os republicanos sairán de novo á rúa o sábado para reclamar un referendo
Por Redacción
O próximo sábado 7 de xuño os pontevedreses foron convocados á segunda concentración esta semana a raíz da abdicación do Rei Juan Carlos I, en concreto, para reclamar un referendo vinculante que permita aos españois decidir o seu modelo de Estado.
Colectivos de republicanos súmanse á convocatoria, prevista para as 19.00 horas na Praza da Peregrina, na que se reclama que se celebre un referendo antes do nomeamento do Principe Felipe como novo Rei co fin último de que se instaure a III República.
En Pontevedra, ao igual que nas principais cidades galegas, unha multitude de persoas saiu á rúa este luns 2 de xuño para pedir unha III República e "un referendo xa".
Relacionadas:
-
Concentración para que Pontevedra sexa "un dos referententes de mobilización popular pola III República"
Por Diego Torrado |
-
O BNG de Pontevedra di si á República e non a un referendo
Por Oskar Viéitez |
-
Os republicanos esixen un referendo sobre o futuro da monarquía
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |