Os bombeiros rescatan un bebé que quedou atrapado no interior dun coche
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un susto enorme levouse unha muller que reside na Avenida de Lugo, número 13, cando na mañá deste venres 30 arredor das 8:45 horas se viu incapaz de abrir as portas do seu vehículo estacionado no garaxe do inmoble. No interior do coche encontrábase o seu fillo, un bebé de apenas once meses. A muller, de xeito accidental, deixárase as chaves dentro do turismo e as portas pecháranse quedando bloqueada sen posibilidade de apertura dende o exterior.
Os bombeiros do Parque de Pontevedra tiveron que acudir ata o edificio, ante a chamada da veciña, para intentar acceder ao interior do coche e rescatar o neno. Segundo informaron dende o servizo de bombeiros, os efectivos que se desprazaron ata o garaxe tuviron que romper un dos cristais do vehículo para poder abrir a porta e recoller o pequeno.
O bebé encontrábase en perfectas condicións e non foi necesaria a intervención de asistencia médica.