Ferida unha condutora que derrubou un poste da luz en Meaño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha moza veciña de Sanxenxo, M.A.A.C., resultou ferida ao impactar durante a madrugada contra un poste da luz no lugar da Bouza en Meaño cando circulaba pola EP-9305.
Por causas que aínda están por determinar, a condutora perdeu o control do vehículo que invadiu o carril contrario, nas proximidades á Casa da Cultura, ata estrelarse coa base de formigón do poste da luz que partiu tras o impacto, segundo informaron fontes de Emerxencias. Foi necesario cortar un dos carrís durante unha hora.
A vítima viaxaba soa e foi atendida polo 061 no lugar do accidente para ser trasladada, a continuación, ao Hospital Montecelo de Pontevedra.