Un sinal esquecido desvía o tráfico á ponte da Barca por unha dirección prohibida
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un sinal instalado na avenida de Uruguai, á saída da ponte das Correntes, continúa desviando aos turismos pola rúa de Jofre de Tenorio para seguir camiño cara a Sanxenxo, O Grove e Vilagarcía, é dicir, para tomar a rúa de Alfonso XIII, hoxe coa dirección oposta, e coller despois o viaduto da Barca.
Os turismos, ao chegar a praza de Concepción Arenal, son loxicamente dirixidos de novo á avenida de Uruguai ao atoparse pechado o acceso a Alfonso XIII.
O grupo municipal do Partido Popular advertiu da presenza deste sinal.