Os agregados de Defensa das embaixadas en España, de visita en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ab3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/537b7e9689-embaixadas-agregados-visita-20-05-14.jpg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/250/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/537b8e05ea-_p2a3840.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Un grupo de 46 agregados militares das embaixadas acreditadas en España están de visita en Galicia para coñecer distintos centros castrenses máis relevantes. A cidade de Pontevedra foi escollida como base para a xira, tendo en conta a importancia da Brigada Lixeira Aerotransportable (Brilat) e da Escola Naval Militar de Marín.
Os agregados militares, acompañados dos seus cónxuxes chegaron o luns pola tarde a Pontevedra e marcharán o próximo xoves. Este luns mesmo organizaron un acto de chegada ao que invitaron á concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román. A edil devolveu a invitación ofrecendo senllas visitas guiadas para dous grupos polo Centro Histórico con guía bilingüe español-inglés.
Os diplomáticos, procedentes de 30 países acreditados en Madrid, visitaron tamén a Deputación, ademais da Brilat e a Escola Naval, a sede da empresa Uro, en Santiago de Compostela, así como a Academia Básica de Suboficiais do Aire e o batallón da Unidade Militar de Emerxencias, ámbolos dous en León.
A xira está organizada polo Ministerio de Defensa, que todos os anos auspicia unha viaxe deste tipo. Desta volta elixiuse Galicia e o Noroeste español.
Nesta ocasión a delegación de Agregados Estranxeiros representa 29 países de todos os continentes, cuxos empregos van de Xeneral/Almirante a Coronel/Capitán de Navío; sendo un total de 39 Agregados, 7 membros das nosas Forzas Armadas e 31 cónxuxes.
Os países que participan nesta viaxe son: Alemaña, Arxentina, Austria, Bélxica, Brasil, Bolivia, Canadá, Chile, China, Corea, Ecuador, EUA, Emiratos Árabes Unidos, Filipinas, Francia, Guatemala, Italia, México, Noruega, Perú, Portugal, Reino Unido, Rusia, Senegal, Serbia, Sudáfrica, Thailandia, Uruguai e Vietnam.