O PP esixe a redacción urxente do novo proxecto de saneamento do río dos Gafos
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular levará ao pleno do próximo luns unha moción para instar ao equipo de goberno a asinar con urxencia unha addenda ao convenio subscrito no ano 2010 para a instalación da rede de sumidoiros no rural pontevedrés (a Xunta poñía 7 millóns e o Concello, outros 3), un documento que "permitiría derivar o millón de euros reservado para o río dos Gafos principalmente ao selado dos pozos de pluviais do colector actual".
O PP alerta ademais sobre a importancia de resolver de inmediato esta cuestión para non perder as axudas financeiras habilitadas pola Unión Europea para estas cuestións, con data de caducidade antes do 2015.
SENTENZAS
Nese pleno do próximo luns, o Partido Popular tamén interpelará ao Concello sobre a súas previsións financeiras para afrontar no seu caso o importe das indemnizacións millonarias derivadas de distintas sentenzas xudiciais desfavorables que acumula o Concello.
Así mesmo, presentará outra moción máis demandando que o Concello execute unha actuación de reforma integral no contorno de Gonzalo Gallas, unha área na que o Partido Popular constatou un notable malestar dos residentes pola desidia municipal cara ás súas necesidades.
Relacionadas:
-
Desbloquéase o saneamento do Gafos tralo acordo entre o Concello e a Xunta de Galicia
Por Redacción |
-
A Xunta reta ao Concello a que presente unha alternativa para o saneamento do Gafos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Vaipolorío e Concello instan a Augas de Galicia a deixarse de "inventos" e construír o colector do Gafos
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello di que a Xunta "quere verter merda a cano libre ao río dos Gafos"
Por Oskar Viéitez |