Desbloquéase o saneamento do Gafos tralo acordo entre o Concello e a Xunta de Galicia
Por Redacción
Tras case tres anos de conflito, o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia deron un paso "importante" para desbloquear o saneamento do río Gafos. A comisión de seguimento do convenio do saneamento do rural, reunida este venres en Santiago de Compostela, aprobou autorizar a Augas de Galicia para que execute o proxecto presentado polo goberno municipal o pasado 14 de marzo.
Na reunión, procedeuse á firma da adenda ao convenio que permitirá a Augas de Galicia investir a cantidade non executada do mesmo, e que ascende a máis de 1 millón de euros, e evaluar a proposta de saneamento para o río Gafos, posto que era a única actuación prevista no acordo que a día de hoxe aínda non se executara, despois de que o goberno galego a deixara en suspenso en 2011.
"Non é outra cousa que o acordo ao que chegaron o alcalde e o conselleiro de Medio Ambiente en agosto do ano pasado", explicou Raimundo González, concelleiro responsable do Ciclo do Auga.
O proxecto consiste na reparación e substitución dos colectores e na impermeabilización dos pozos ou substitución por outros estancos prefabricados para evitar todo tipo de filtracións. E constará de dous tramos: entre a avenida da Estación e a rúa Otero Pedrayo, donde habería que reemplazar 400 metros do colector actual; e entre Otero Pedrayo e Lusquiños (Tomeza), no que se debe actuar sobre un total de 1.740 metros.
"ÿ o primeiro paso, importante, para pechar o convenio de saneamento entre o Concello e a Xunta dunha vez por todas", apuntou Raimundo González. O segundo paso será elaborar o proxecto, que lle corresponde ao Concello de Pontevedra, que o fará o antes posible. Logo de consensuar o proxecto, será a Xunta a que licite e adxudique a obra.
O obxectivo da Xunta é licitar as obras dentro deste mesmo ano para sexa posible executalas integramente no 2015 e así cumprir cos prazos previstos para os fondos europeos destinados á obra.
Tras executarse este proxecto, quedaría por abordar o saneamento do treito urbano do Gafos. Con todo, Raimundo González sinalou a importancia do paso dado este venres, xa que a zona na que se actuará recibe agua das parroquias de Vilaboa, Figueirido, Bértola, Tomeza e Salcedo, así como do Polígono do Campiño e da BRILAT.
Relacionadas:
-
O PP esixe o Concello que "haga sus deberes" co colector do Gafos e o novo edificio xudicial
Por Redacción |
-
O PP esixe a redacción urxente do novo proxecto de saneamento do río dos Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío e Concello instan a Augas de Galicia a deixarse de "inventos" e construír o colector do Gafos
Por Alejandro Espiño |