Pista de petanca e chave e mesas para xogos no lugar dos Areás, en Mourente
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Miguel Filgueira visitou este mércores os traballos que o Concello iniciou nestes días no lugar dos Areás, para mellorar as instalacións de lecer e afianzar este punto de encontro veciñal da parroquia.
O Concello proxecta instalar unha pista de petanca e outra de chave (os Areás era un lugar cunha longa tradición veciñal de xogo de chave). Tamén se colocarán mesas que terán xogos de mesa (parchís e xadrez) e reutilizaranse elementos de ximnasia para adultos que o Concello tiña gardados na nave municipal.
Ademais, tamén se fará un arranxo de todo o perímetro mellorando a accesibilidade e a reordenación do estacionamento na zona.