![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/480/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/53613c1710-20140430-patxot-lores-dubao-clemente-050.jpg)
© Mónica Patxot
A Revolución dos Caraveis asómase a Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O coronel Manuel Durán Clemente, descendente de familia galega, foi un dos militares máis comprometidos coa Revolución dos Caraveis que o 25 de abril de 1975 conseguía derrocar a ditadura en Portugal.
Durán Clemente, un dos capitáns de abril, visita Pontevedra para ofrecer unha charla na Facultade de Belas Artes e aproveitou para visitar ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. O militar dirixente da Asociación Conquistas da Revolución indica que os tres eixes daquel movemento se centraba en tres "D": democratizar, descolonizar e desenvolver.
A súa participación nun dos momentos máis importantes da historia do país luso foi o encargado de ocupar militarmente a sede da Radio Televisión Portuguesa para impedir as decisións de recondución do VI Goberno de Provisional, que presidía o almirante Pinheiro de Acevedo. Esa intervención supúxolle o exilio.