Un sesaxenario nega abusos sexuais continuados ás netas da súa moza: "¿Qué clase de abuelo sería?"
Por Natalia Puga
O veciño de Ponteareas Humberto O.F., de 69 anos, negou este martes que cometese os dous delitos de abusos sexuais continuados polos que o fiscal pide que sexa condenado a seis anos de prisión e dos que as presuntas vítimas son as dúas netas da súa parella sentimental. Mentres, as rapazas, que cando sucederon os feitos eran menores de idade, manteñen as súas acusacións.
O xuízo celebrouse na Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra e o acusado defendeu que nunca se masturbou diante das menores nin se espiu diante delas chegando a rozalas, tal e como elas denunciaron que aconteceu durante anos, mentres conviviron coa súa avoa e o seu mozo.
Os abusos consistiron, segundo as vítimas, en que o acusado se masturbada diante delas, facíalles tocamentos e obrigáballes a tocalo, pero a máis nova das rapazas denunciou tamén que un día lle propuxo manter relacións sexuais. O procesado atribuíu a "mentiras" das nenas todas as acusacións e, ante a última, respondeu cunha pregunta: "¿Qué clase de abuelo sería yo si le propusiera eso?".
O procesado asegurou que sempre se portou ben e axudou ás supostas vítimas e á familia da súa parella porque "quería formar una familia, para mí eran una familia". "La madre era mi hija y ellas eran mis nietas", declarou, e argumentou que a única explicación que encontra á denuncia das menores é que a maior delas, cando xa tiña noivo, lle pediu diñeiro para comprar un coche e el non llo deu. "Me colgó el teléfono y ahí se acabó todo", engadiu.
Humberto O.F. conviviu coa súa parella en Ponteareas durante 20 anos con algúns períodos de separación intermedios e durante ese tempo teríanse producido os supostos abusos, durante o tempo nas netas eran menores e viviron con eles antes de mudarse a Tui coa súa nai. Neses anos, a avoa das nenas asegura que "no vi nada" nin chegou a sospeitar os presuntos abusos.
Un fillo da parella de Humberto e tío das menores tamén conviviu con eles e declarou na sala que nunca viu nin escoitou nada, se ben asegura que cre ás súas sobriñas "porque no creo que lo dijesen así por así". Esta testemuña protagonizou un momento duro da vista celebrada na Audiencia ao botarse a chorar durante a súa declaración, pois, segundo explicou, "no es mi padre, pero yo siempre lo vi como a mi padre", ao empezar a convivir con el cando tiña 8 anos.
As presuntas vítimas declararon a porta pechada, pero transcendeu que se reafirmaron nas súas acusacións previas. O forense que as valorou tras presentar a denuncia deu credibilidade ás súas declaracións porque tiveron un "relato coherente, lógico, abierto, sincero" con "multitud de características de credibilidad".
Tras o xuízo a fiscal mantivo a súa acusación inicial para o procesado e o seu avogado defensor a súa inocencia e, polo tanto, a petición da súa libre absolución. O letrado modificou o seu escrito de defensa para solicitar que, en caso de que o tribunal lle considere autor dos delitos, teña en conta a circunstancia atenuante de que o delito relativo á maior das rapazas estaría a punto de prescribir cando ela denunciou os feitos no ano 2011.
O xuízo quedou visto para sentenza despois de que o acusado fixese unha alegación final na que reiterou a súa inocencia e reprochase ás denunciantes que "he trabajado toda una vida para que ahora me paguen así", con "esta vergüenza".