O altercado entre SOS Panadeira e o Náutico queda nun xuízo de faltas
Por Redacción
O Xulgado de Cambados celebrou este luns a vista polos sucesos acontecidos o pasado 5 de febreiro na sede do Real Club Náutico de Sanxenxo.
Os integrantes da Plataforma SOS Panadeira e os representantes do Náutico acusábanse mutuamente dun altercado.
Ante o xuíz compareceron ata quince membros da plataforma e tres empregados do club deportivo. Despois de cinco horas escoitando as partes, o xuíz decidiu sobreser as denuncias por coaccións e tan só se tiveron en conta as faltas, segundo informaron fontes de SOS Panadeira "por lo que probablemente el juez nos imponga una multa a cada una de las partes", afirmaron.
O Club Náutico de Sanxenxo e SOS Panadeira aínda teñen pendente un segundo litixio que os enfrontarán de novo nos tribunais.