Un concurso de barbas na rúa Michelena
Por Redacción
Un grupo de alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación escolleu a rúa Michelena para facer os deberes.
O encargo dos seus profesores era o de deseñar unha campaña publicitaria para un comercio ficticio e medir o impacto que tiña esta acción.
Con estes vimbios os universitarios inventáronse unha barbaría como negocio e para promovela convocaron un 'concurso de barbas' difundindo o resultado nas redes sociais.
Segundo explicaron os alumnos nesta iniciativa encontráronse coa amable colaboración dos pontevedreses, aínda que se mostraron sorprendidos de que fosen os mozos da súa idade os máis remisos a botar unha man.